Tuesday 30 de April de 2024

A Xunta prevé que o xuízo do Alvia teña lugar na Cidade da Cultura no primeiro trimestre do vindeiro ano


― O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, avanzou hoxe que se estima unha elevada afluencia de avogados e procuradores, o que fai necesario que se leve a cabo nun recinto amplo

― A Cidade da Cultura acollerá durante o primeiro trimestre do vindeiro ano o macroxuízo polo accidente ferroviario ocorrido hai 8 anos

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, indicou hoxe que o Goberno galego prevé levar a cabo o xuízo do Alvia na Cidade da Cultura no primeiro trimestre do vindeiro ano.

Juan José Martín indicou que, segundo as previsións do TSXG, prevense uns 120 avogados e procuradores, o que unido á posible longa duración que poida ter, fai necesario un amplo espazo para o seu desenvolvemento, polo que a Cidade da Cultura acollerá durante o primeiro trimestre do vindeiro ano o macroxuízo polo accidente ferroviario ocorrido hai 8 anos

Ao igual que ocorreu co xuízo do Prestige, un dos máis complexos na historia da Xustiza galega, a Xunta fará fronte ás necesidades materiais necesarias para a celebración das sesións.